viernes, 23 de noviembre de 2012

Proxecto Exipto

A semana pasada na clase dos Dinos, os peques tiñan ganas de investigar sobre un dos temas que viñan nos libros das fichas. Pero claro, como somos dúas idades xuntas, e veñen diferentes cousas, xurdiu o conflicto.

Uns querían investigar sobre os Inuits ou esquimais e outros sobre Exipto.

 O final estivemos vendo algunhas láminas de ambos, para que todo o mundo estivese un pouco informado e puidese formarse unha opinión sobre o que quería investigar. E logo fixemos unha votación en toda regla.

Onde cada un escribiu nun papel o que quería investigar e logo coa axuda duns xueces moi especiais estivemos contando os votos.

Pero tivemos empate, que rápidamente  solucionouse cos votos dos nenos que ese día estaban enfermos e que foron bombardeados o día que chegaron para que decidisen pronto :).

E gañou Exipto. Asi que niso estamos investigando cousas do Antigo Exipto.






Polo de agora xa sabemos o que saben e o que queren saber.



E esta semana xa estivemos aprendendo cousas do Nilo e do seu Deus Hapy, de que cor eran as terras e por que, que plantaban, que animais había no Nilo, e por suposto onde está Exipto e cómo atopalo nun mapa. E aínda nos quedan moita cousas máis....



Están tan obsesionados  que incluso nos momentos dos xogos fan pirámides :)





No hay comentarios:

Publicar un comentario