Na clase dos Pitiños estuvemos contando o conto O carballo con botas.
Como nos gustou moito decidimos plantar nós tamén os nosos carballos nunhas botas ou zapatos vellos que tiñamos na casa e que non nos servian.
Para eso necesitamos un zapato ou bota, terra e unhas landras.
Primeiro votamos a terra nas botas, logo enterramos as landras e ao final votamoslle unha pouca auga.
E agora soamente nos queda esperar a que medren as nosas landras nas botas para que teñamos uns bonitos carballos para poder plantalos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario