viernes, 23 de noviembre de 2012

Outono chegou

A partir desta canción que lles gusta moito e que algún día se temos tempo grabaremos. Os peques tiveron esta semana que adiviñar cales eran as palabras que a profe agochou,e entre todos escribilas.

Primeiro coma sempre damos tempo para que escoitando ben polo son de cada sílaba vaian escribindo, pero sen dicirlles que letras son, e logo entre todos comprobar se estaba ben ou mal. E as veces facendo trampas ó escribir a palabra para ver se están atentos (esta parte encántalles)

Coma sempre o importante que o intenten, que vaian elaborando eles as palabras pola súa sonoridade, non é tan importante que esté ben escrito.

E despois de escribir cada un tiña que facer un debuxo do que lle inspiraba a canción.










No hay comentarios:

Publicar un comentario