Unha das actividades que parece estarlles a gustar e a de ir probando a escribir palabras sinxelas: Con "minidictados" pronunciando xuntos e probando a ver que sale .
Non sempre escriben ben, sobre todo os de 4 anos, pero o importante é que vaian probando, experimentando e perdendo o medo e coa práctica, e pouco a pouco iran mellorando.
Temos de todo na clase, verdadeiros escritores, outros máis cucos que esperan a que o compañeiro remate para non pensar e ter o traballo feito :P, algúns que se arrancan aínda que non acaba de aterrizar ben , e outros que aínda teñen un pouco de lío coas letras pero lle poñen moito interese.
Os de cinco anos proban eles soliños a ver se lles sae ben sen axuda, mentras que os de catro aínda precisan que lles vaiamos axudando co son das letras.
Pero todos os esforzos dos peques son moi prometedores e van en moi boa dirección. Teñen moitas ganas de aprender. Agora soamente falta seguir traballando e non ter medo
Dende aquí animámovos a que escriban todo o que queiran. Soamente unha cousa!!!!!, por agora en maísucula ;), se trata de que compoñan pouco a pouco as palabras
Aquí tedes un exemplo que fiexemose esta semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario