miércoles, 12 de diciembre de 2012

Chegan cousas de Exipto e unha sorpresa!

Ola, seguimos traballando Exipto.

E dende a clase dos Dinos queremos dar as gracias as familias que están mandando algunha cousilla para traballar este tema, ainda que esta vez non quixemos dar  a lata ;)

Unha aperta e unhas gracias moi grande a familia de Mencía, Ismael e Nuria por mandar información e uns libros moi didácticos cos que estivemos repasando un poco o traballando e adiantando temas que nos próximos días traballaremos ata o que nos de tempo

Outro para a familia de Laura Domínguez que achegou un abecedario exipcio que motivou moito os nenos para iniciarnos no tema da escritura neste período histórico.

E gracias a Sara, e a súa familia que hoxe trouxo unha sorpresa moi agradable: Un papiro de verdade!!!!!
Non vos podedes imaxinar a expectación que causou. Tanto falar do papel dos exipcios, dos seus xeroglíficos, de ensinar fotos, ver videos, ver esta información nos contos de Isma e Mencía e de repente.....,na clase aparece un de verdade!.

O máis simpático foi que algún pensaba que tiña polo menos 3000 anos de antigüedade, e non quisen quitarlles a ilusión :P.

Sara nos explicou un pouco como era que tiña ela tan preciado tesouro,  e logo un por un foron mirando a súa textura, os debuxos e demáis. Eso sí,  sempre con moitísimo coidado.  Se os visen uns restauradores de arte estarían orgullosísimos do cariño e coidado co que trataban o papiro :).









No hay comentarios:

Publicar un comentario