Ola e agora un pouco de cousas máis serias. As normas da clase.
Básicamente se traballan as mesmas nas dúas aulas, con adaptacións en función das necesidades e acordos tomados cos peques. Dando máis importancia a facer ben a fila, non pegar e gardar o material na clase dos pitiños e dando máis importancia a falar baixiño e traballar ben sentado, pedir turno de palabra e novamente non pegar na clase dos dinosuarios.
Estas normas as teñen os nenos a vista na clase para recordar cando faga falta ( De feito son eles os que se recordan mutuamente as normas moitas veces, non fai falla as veces que sexan as profes as que intervengamos)
En principio as que están acordadas son as que aparecen nas fotos que vos poñemos a continuación. Pero parece que lles gustou o tema de ter as normas ben presentes e parécenlles poucas, así que están negociando máis. Terémosvos informados das negociacións ;)
Un saúdo as profes de infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario