Ola, o luns foi unha verdadeira invasión de cabazas, todas moi bonitas ;). E aínda seguen chegando :)
Segundo van chegando facemos o noso "truco o trato" particular: Os nenos e nenas explican como e con quen fixeron a cabaza os compis, e lévanse unhas chuches de agasallo.
Encántalles ser os protagonistas aínda que sexan uns minutiños.
Aquí tedes algunhas das cabazas dos Dinos (non sempre nos acordamos de sacar foto a todo :P e algunha das cabazas quedou sen foto, pero non sen explicación nin chuche ;))
Por certo na clase dos Pitiños tamén hai verdadeiros artistas :)