lunes, 27 de mayo de 2013

Cumpreanos de BRAIS E AITANA

Este mes  tivemos dous cumpreanos na aula o de Brais e de Aitana, os dous nos trouxeron chuches para celebralo. moitas felicidades para os dous





lunes, 13 de mayo de 2013

ENCONTRO COA UNITARIA DE LAÑAS







O venres 3 de maio asistimos ao encontro das unitarias na escola de Lañas, tamén estaba a escola de Aro, alí recibíronnos moi ben, enseñáronnos a escola e falamos do que ibamos a facer.



O primeiro que fixemos foi ir ao patio de atrás da escola e alí plantamos árbores, tiñamos carballos, limoeiros, maceiras, figueiras, ameixeiras, ...














despois de tanto traballos fomos ata o pabellón para repoñer forzas, e alí ibamos a facer un xogo de reciclaxe e logo ir ata o punto limpo






Aquí xa estabamos no Punto Limpo.





E para rematar a visita levaronnos ata a parroquía de Cabanas a visitar unha Carpinteria, alí nos explicaron moitas cousas e vimos como traballaban as máquinas.
















A verdade foi un día agradable e aprendemos moitas cousas, para o ano esperamos volver, grazas polo encontro.